Shinzen Young

Shinzen Young (真善 Shinzen?) é un mestre estadounidense de meditación Vipassana. Aínda que o Vipassana é tradicionalmente unha técnica Theravāda, Shinzen foi ordenado no Xapón como monxe na tradición Shingon. Ademais, adicouse ao estudo e á práctica exhaustiva doutras tradicións, coma o zen, a nativa americana e o xamanismo.

Shinzen ensinou filosofía no Chapman College e relixión, física e matemáticas no Ernest Holmes College. Shinzen adoita empregar conceptos matemáticos ou científicos para ilustrar os conceptos abstractos da meditación.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search